viernes, 26 de mayo de 2017

LIENZOS

Un dos traballos que tiñamos que facer no proxecto de Pintura no que estamos inmersos e facer unha interpretación nun lienzo dalgunha obra do noso autor.

Faremos distintas entradas nas que iredes vendo a arte que teñen os "nosos pequenos grandes artistas".

Comezamos pola obra dun dos grupos máis pequenos do cole. Eles traballaron a Miró, e mirade que obra de arte fixeron:

martes, 23 de mayo de 2017

CONTACONTOS MAIO

COMO NON PODÍA SER DOUTRA MANEIRA, A ÚLTIMA SESIÓN PROTAGONIZADA POLAS FAMILIAS, FOI FANTÁSTICA. GRAZAS A CARMEN, MÓNICA E MARTA E TODOS OS QUE VIÑÉCHEDES A ESCOITALAS (E Á MERENDA DE DESPOIS).

NON ESQUEZADES QUE A ÚLTIMA CITA É O VINDEIRO 22 DE XUÑO, DICÍDELLO A TODO O MUNDO PORQUE A ENTRADA É LIBRE E SERÁ UN ESPECTÁCULO XENIAL.

SE ALGUÉN NON ENTREGOU O SEU CARNÉ DE CONTACONTOS QUE SE ACHEGUE Á BIBLIOTECA E O ENTREGUE.
VÉMONOS PRONTO!
BUFOBICOS

lunes, 22 de mayo de 2017

CÉ ORQUESTRA PANTASMA

IDE ESCOITANDO A ESTE HOME... PRONTO MÁIS!

O GRUPO DE 3ºB E ÍCARO

O ALUMNADO DE 3ºB ENSÍNANOS COMO FIXERON O SEU LIENZO DE MATISSE:





viernes, 19 de mayo de 2017

MARCHANDO CARTA

E VELAQUÍ A NOSA RESPOSTA PARA ÓSCAR!

ÓSCAR by Bufolector on Scribd

CASTELAO PINTOR

Grazas ao equipo de Dinamización Lingüística estamos a coñecer a arte que tiña este magnífico autor galego para a pintura:



jueves, 18 de mayo de 2017

O club de lectura sae do cole

Un  grupo do club de lectura,  despois de moitas desventuras xuntámonos o sábado 13 de maio,  para ir a cear a ao cine.
Vimos a peli de "El jugador de ajedrez" , e aínda que nos parecu de maiores, gustounos moito e fíxonos emocionar.
Recomendámosvola!!!!
Mirade que tarde- noite tan fantástica que ata tivemos tempo de xogar no parque.


martes, 16 de mayo de 2017

17 de maio

Mañán celebramos o DÍA DAS LETRAS GALEGAS, e como sabedes, o homenaxeado este ano é Carlos Casares.
Aquí tendes moita información sobre el.
http://primaveradasletras.gal/

18 maio: día dos museos

E como sempre, a entrada nos museos coruñeses é gratuíta.
Deixámosvos o programa do Museo de Belas Artes, aproveitade que os rapaces e rapazas están motivados:

DÍA INTERNACIONAL DOS MUSEOS
ACTIVIDADES

18 de maio
Día Internacional dos Museos. Museos e historias controvertidas. Dicir o indicible en museos.
Xornada de portas abertas e visitas guiadas á colección permanente

18:30h Visita guiada ás obras senlleiras da Colección
Percorrido polas obras máis senlleiras da colección do museo

19 de maio
20:00h TEATRO Anónimas, de Lola Roel. DITIRAMBO TEATRO

20 de maio
A NOITE DOS MUSEOS
17:30h Arte en familia (inscrición previa)
18:30h Visita á colección: O Significado dos obxectos
19:30h Arte en familia (inscrición previa)
20:30h Visita á colección: O Significado dos obxectos
22:00h JAZZ NO MUSEO EDUARDO COMA TRÍO
22:30h Visita á colección: O Significado dos obxectos

lunes, 15 de mayo de 2017

NOVOS RECUNHOS DA BIBLIOTECA

Estamos moi contentos porque a semana pasada estreamos dous novos recunchos da biblioteca. Un recuncho de lectura informal, dentro da biblioteca:




E outro, de lectura para os máis pequenos na entrada de infantil:



domingo, 14 de mayo de 2017

OUTRA CARTA DE ÓSCAR

RECIBIMOS OUTRA CARTA DE ÓSCAR! ESTAMOS MOI CONTENTOS PORQUE PRESONALIZOUNOS UN DEBUXO DA CEBRA CAMILA.

ADEMÁIS, ÓSCAR VILLÁN QUERE VIR A COÑECERNOS!!!! O PROBLEMA É QUE O DÍA QUE NOS PROPÓN NON IMOS ESTAR NO COLE.

TEMOS QUE DARNOS PRÉSA EN CONTESTARLLE!!!!


jueves, 11 de mayo de 2017

PÓSTER DIXITAL

AQUÍ VOS DEIXAMOS UNHA PARTE DO NOSO TRABALLO SOBRE ÓSCAR VILLÁN.
PREMEDE NOS TRIANGULIÑOS E A VER QUÉ PASA.
ESPERAMOS QUE VOS GUSTE!

martes, 9 de mayo de 2017

CONTACONTOS MAIO

E paseniño imos achegándonos cara o final do curso. Éste vai ser o último contacontos do curso no que conten as familias.
Non esquezades o carné dos contacontos porque desta vez quedarémosnolo para facer o reconto e saber quén leva premio!

lunes, 8 de mayo de 2017

"El jugador de ajedrez"

Despois de ter lido dous libros fantásticos sobre a guerra civil española e sobre unha familia xudía na época de Hitler, os membros dos clubs de lectura do cole imos ao cine a ver esta película, que promete dar que falar:


miércoles, 3 de mayo de 2017

LA PÓCIMA SECRETA DE MALAUVA

http://escueladelunicornio.blogspot.com.es/2017/05/mala-uva-y-la-pocima-magica-sofia.html
PINCHA EN LA IMAGEN PARA VER LO QUE PASÓ

O TEATRO DEL ANDAMIO

NON TEMOS PALABRAS PARA DESCRIBIR O EMOCIONANTE QUE FOI VER A CARA DOS CATIVOS E CATIVAS GOZANDO DESTA FANTÁSTICA OBRA.
AÍNDA QUE NON TEMOS IMAXES DE MOI BOA CALIDADE ENSINÁMOSVOS ESTAS PARA QUE VOS FAGADES UNHA IDEA:







OS NENOS E NENAS DE 5 EN VILLA MELANIA






martes, 2 de mayo de 2017

OS DE 4 VISITAN VILLA MELANIA

OS NENOS E NENAS DE 4 FORON O PASADO MÉRCORES A VISITAR A BIBLIOTECA DE VILABOA: