sábado, 22 de abril de 2017

FOTOS CONTACONTOS ABRIL

Sentimos a espera, pero xa podedes ver as fotos do contacontos en familia deste mes. Gracias a Jordi, Montse e Mateo, e Yolanda e Mireia:


EXPERIMENTANDO CON UNIVERSITARIAS

Muchas gracias a las chicas de la Universidad de Coruña por venir a jugar con la clase de 5 años A y enseñarnos a hacer un arco iris con cosas de casa. Hemos aprendido que hay cosas que se mezclan como la leche y el colacao y otras que no, como el aceite y el agua. Pero sobre todo, nos lo hemos pasado muy bien! 
Volved cuando queráis! 




martes, 18 de abril de 2017

OS DE 6º SEGUEN CO PROXECTO DA PINTURA EN MADRID

COMEZAN A CHEGARNOS AS PRIMEIRAS FOTOS DA EXCURSIÓN DE 6º. XA VEDES QUE NO VIAXE LEMBRARON O TRABALLADO NESTE CURSO.




domingo, 16 de abril de 2017

RESPOSTA Á CARTA DE ÓSCAR

COMO XA SABEDES, ÓSCAR VILLÁN CONTESTOU Á NOSA CARTA, E AGORA NÓS CONTESTÁMOSLLE A EL.
NESTA SEGUNDA CARTA ESCRIBIMOS 48 PALABRAS (DÚAS POR NENO/A). O QUE MAIS NOS COSTOU FOI POÑERNOS DACORDO NO NOSO CONTO PREFERIDO.

2ª Carta a Óscar by Bufolector on Scribd

FERNANDO M. CIMADEVILLA

O autor dos libros "A carballeira dos Druídas. As aventuras do Apalpador", "As Aventuras do Apalpador. O tesouro dos Mouros", "Apalpador vs. Papá Noel", "As aventuras do Apalpador. As portas do tempo" fixo unha visita o pasado día 5 de abril ao alumnado de 3º que está a ler os seus libros.



viernes, 7 de abril de 2017

ÍCARO DE MATISSE

O alumnado de 3ºB, como sabedes, está a estudar a Matisse, autor do cadro "Ícaro", e como non podía ser doutra forma, investigaron sobre a lenda deste personaxe.
Aquí vos deixamos os seus traballos:

jueves, 6 de abril de 2017

SAÍMOS NA PRENSA!

Hoxe, no comarcal da VOZ DE GALICIA:

Aínda que a foto é do CRA, o artigo fala do traballo do noso cole,

lunes, 3 de abril de 2017

LUGRÍS, PAREDES SOÑADAS

Dende o pasado venres 31 e ata o vindeiro 2 de setembro tedes unha gran oportunidade para ver unha exposición do pintor Coruñés,  Urbano Lugrís, na sede de AFundación  (Cantón Grande)
Lugrís, era fillo de Manuel Lugrís Freire (un dos fundadores da Real Academia Galega) e Purificación Gonzalez (pianista) de aí  lle vén o amor polas artes.
Plasmou a súa obra en arquitectura, poesía, teatro e pintura. Dominou tódalas técnicas: óleo, serigrafías, colaxe, muralista, tinta chinesa sobre papel...
Tematicamente a súa obra está chea de referencias ó mundo céltico e as profundidades mariñas cunha composición escenográfica case constante.
A súa extraordinaria memoria, os contos e lendas e milleiros de anécdotas con que deleitaba aos seus amigos fixeron de Lugrís unha personaxe entrañábel e inesquecíbel nas rúas dos viños da Coruña e de Vigo.


Pero é que ademáis, pretiño da escola , temos a sorte de contar con tres obras do autor: se vos achegades á iglesia de Vilaboa podedes ver pare da súa obra en directo. 


Aquí vos deixamos enlaces da exposición: