miércoles, 22 de febrero de 2017

CHEGOU A RESPOSTA!

HOXE NA ASAMBLEA TIVEMOS UNHA GRAN NOVA: CHEGOU A RESPOSTA Á CARTA QUE LLE MANDAMOS A ÓSCAR VILLÁN!
...E A RESPOSTA NON PODÍA SER MELLOR:  ÓSCAR INSPIROUNOS, EMOCIONOUNOS, ILUSIONOUNOS, MOTIVOUNOS...
AGORA TEMOS QUE CONTESTAR A UNHA PREGUNTA QUE NOS FIXO: CAL É O NOSO CONTO FAVORITO? PARA NÓS É UN POUCO DIFÍCIL TOMAR A DECISIÓN PORQUE NOS GUSTAN MOITOS, AXUDÁDESNOS? CAL É O VOSO CONTO FAVORITO?


REGRESO DE MALAUVA

Pinchando na foto verás todo o que pasou:

martes, 21 de febrero de 2017

MANIFESTO DÍA DE ROSALÍA

No panteón de galegos ilustres celebrouse un acto na honra de Rosalía de Castro, xa que o 24 de febreiro celebramos o día desta autora. A encargada de facer o manifesto foi unha autora coñecida por nós Ledicia Costas (escritora de "Escarlatina,a cociñeira defunta"). Isto foi o que dixo:

Manifesto polo Día de Rosalía

En Galicia existen infinitas formas de amencer: abrente, alborada, clarexa, luzada, rompente. A lírica que abraza os versos de Rosalía, posúe as cores reveladoras da primeira luz.
Imaxino a Rosalía no S.XIX e vexo unha muller que se aferra ás palabras sen complexos e fai con elas o que o corazón lle pide ao oído en cada instante: fitas de encaixe, diamantes, armas de construción masiva ou versos predestinados a furar as conciencias e facer cambalear os piares do inmobilismo.
Esa é ela. Unha xigante que non precisa respiración asistida, nin prantos, nin ritos florais. Os pulmóns da súa obra aférranse ao futuro e ínflanse coa forza dun país que respira cultura por cada fenda.
En Galicia existen infinitas formas de querer e nós querémoste paxaro, lume, emoción. Querémoste eléctrica e lúa. Insubmisa e valente. A voz que hoxe portaría unha pancarta na cabeza dunha manifestación contra a violencia machista ao berro de: Basta xa, querémonos vivas! A que quedaría afónica de solicitar, día tras día, unha maior presenza do galego na escola, na rúa, na vida. Na Galicia nosa que se estremece por momentos.
Imaxino a Rosalía e véxoa afirmando: Son muller e son galega. Reivindícome como escritora na miña propia lingua e non consinto que ninguén apague a miña voz. Estou tan viva que os meus versos rabuñan as paredes do panteón de galegas ilustres ata facelas sangrar. Négome a ser unha estranxeira exiliada na miña patria. Quero abarcar toda a luz e contaxiarte.
En Galicia existen infinitas formas de chover,
Como chove miudiño,
como miudiño chove,
pola banda de Laíño,
pola banda de Lestrove.
E con esa maxia pronuncio: babuxa, chuvisca, poalla, chuvieira, barruzo, dioivo. A lírica que arroupa os versos de Rosalía é un bico anfibio. Debaixo da auga nada a pracer, presumindo das súas branquias. Fóra dela, quita o traxe de escamas, mete as mans na terra e arrinca un libro e unha flor. Esa coa que hoxe queremos agasallar ao mundo. RosalíaTe!

lunes, 20 de febrero de 2017

O cociñeiro Martiño

O alumnado de 1º e 2º tiveron a sorte de poder asistir ao contacontos do "Cociñeiro Martiño" feito polo seu autor IAGO LÓPEZ, así de ben o pasaron:










jueves, 16 de febrero de 2017

VERSIONANDO A LEANDRO LAMAS

Xa temos acabada a nosa versión deste cadro de Leandro Lamas,

Aínda que aquí non se ve, a nosa versión ten diferentes texturas e así de orgullosos sentímonos ao mostralo:



miércoles, 15 de febrero de 2017

emocionARTE

Dende a biblioteca do Ceip Torre Illa cháganos este Symbaloo que nos acae moi ben co noso proxecto sobre pintura
http://edu.symbaloo.com/mix/emocionarte2?searched=truewbmix

lunes, 13 de febrero de 2017

CONTACONTOS FEBREIRO

Este mes tivemos a sorte de contar con Vero, Beatriz e Antía, que fixeron que a tarde fora estupenda. Grazas chicas!

viernes, 10 de febrero de 2017

OS ROBOTS DE 5 ANOS A

AGORA TÓCALLE O TURNO AOS ROBOTS DOS AMIGOS E AMIGAS DE A. MIRÁDEO BEN, PORQUE AQUÍ SAE TODO O PROCESO. video

jueves, 9 de febrero de 2017

ROBOTS

Dicir que estou moi orgullosa dos meus alumnos e alumnas é pouco. Aquí vedes o produto final, pero tras el hai moito traballo: primeiro, fixeron un bosquexo, decidiron o material que ían usar, trouxeron ese material, preparáronno e puxéronse a construir, sen nigún tipo de axuda.
 Para facer todo isto hai moito que negociar: discutir, expoñer puntos de vista e chegar a un acordo.
Cando remataron, non só estaban contentos co seu traballo, senón que encomiaron e felicitaron o traballo dos compañeiros.
Nenos, nenas: estades preparados para voar moi lonxe!








miércoles, 8 de febrero de 2017

PALABRAS DE PAZ

O DÍA DA PAZ DO ALUMNADO DE 3º B NO BLOG DE ISLA FANTASÍA

http://escueladelunicornio.blogspot.com.es/2017/02/dia-da-paz-2-parte-sofia-casanova.html

martes, 7 de febrero de 2017

CARTA PARA ÓSCAR VILLÁN

Como temos a dirección do noso autor probamos a escribirlle unha carta. O máis difícil de todo foi organizarnos, porque non sabiamos como elixir ao escritor. Despois dun rato pensando, Rubén suxeriu que como somos 24 nenos e nenas poderíamos escribir 24 palabras (unha cada un) e aceptámolo todos.
Aí vai a carta, contestaranos Óscar?


lunes, 6 de febrero de 2017

PINTURA RUPESTRE

HOY OS DEJAMOS UN VÍDEO DE LOS PRIMEROS ARTISTAS:

viernes, 3 de febrero de 2017

PIRATEANDO

Temos nova entrada no blog de "Escuela del Unicornio".
Mirade as aventuras piratas de infantil:
http://escueladelunicornio.blogspot.com.es/2017/02/pirateando-sofia-casanova.html
Pinchade na imaxe

miércoles, 1 de febrero de 2017

MUSEO BELAS ARTES (5 ANOS)

IDE TODOS A VER O MUSEO DE BELAS ARTES, É MOI DIVERTIDO!