martes, 5 de abril de 2016

CONTACONTOS "FELIZ FEROZ"



Hoxe o alumnado de infantil tivo o pracer de asistir na nosa biblioteca a un contacontos dirixido por Iago da man da editorial Anaya.
A verdade e que Iago é un contador fantástico e dende o primeiro momento atrapounos e fíxonos imaxinar unha familia de lobos feroces na que un lobiño non quere ser feroz, senón que quere ser feliz; a partir de aquí ao Lobo feroz espéralle unha dura tarefa para educar ao seu sobriño na ferocidade.



0 comentarios:

Publicar un comentario