viernes, 15 de marzo de 2024

FACHO OLÍMPICO BARCELONA 92

 Neste cole temos unhas familias moi implicadas e grazas a unha delas conseguimos ver e tocar o facho olímpico de Barcelona 92.

Se pinchas na imaxe poderás ver como, 32 anos despois volveu a pasar por Vilaboa facendo parada no noso cole:


GRACIAS VÍCTOR POR FACELO POSIBLE!


miércoles, 13 de marzo de 2024

LECTURA NO PATIO

 Hoxe os peques do cole aproveitamos o bo tempo para facer a lectura fóra. 

                                                     Como nos prestou!



lunes, 11 de marzo de 2024

CONTACONTOS EN FAMILIA

 Reservade o venres!!!!! Temos reunión familiar!!!!!



domingo, 10 de marzo de 2024

AS BUFOLIMPÍADAS EN INFANTIL: XIMNASIA RÍTMICA

 Desta volta decidimos afondar noutro deporte olímpico pouco coñecido para os nosos peques: A XIMNASIA RÍTMICA.

Coma sempre, o Bufolector mandounos unha carta falándonos sobre este deporte e unha ximnasta olímpica: ALBA BAUTISTA.

Logo de investigar, descubrimos que a ximnasia rítmica ten 5 elementos: aro, pelota, corda, mazas e cinta.

Un día chegamos a clase e atopamos unha sorpresa:


E cal foi a nosa sorpresa?



Unhas cintas de ximnasia!!!!

Para rematar con este deporte tivemos a sorte de contar cunha exhibición fantástica, xa que seis nenas maiores do cole, que o practican,  prestáronse voluntarias para facernos unha demostración. Ademáis ensináronnos a diferencia entre ximnasia rítmica e ximnasia artística:


GRAZAS a CAROLINA, SIRA, MARA, NEREA, CAYETANA E MARTINA, ás que admiramos moitísimo e que poden chegar a ser olímpicas algún día! E grazas tamén aos profes que fixeron que isto fora posible dándonos moitas facilidades!

Rematamos este deporte moi motivados e motivadas, gustounos moitísimo, así que deste grupo de peques de infantil poden saír grandes ximnastas o día de mañán!

viernes, 8 de marzo de 2024

8 MARZO: A MULLER NO DEPORTE

 Hoxe é o DÍA DA MULLER TRABALLADORA  e como non podía ser doutro modo adicámolo a todas esas mulleres deportistas que cada día dan o mellor de si mesmas:



GRAZAS A TODAS AS FAMILIAS QUE COLABORÁCHEDES INVESTIGANDO COS VOSOS PEQUES E APORTANDO FOTOS PARA FACER ESTE MURAL!


O alumnado de primeiro e segundo fixo un traballo de investigación na casa sobre mulleres deportistas e logo traballou a busca e o tratamento da información cubrindo estas fichas-resumo.

En cuarto tamén buscaron información de mulleres deportistas (Preme na imaxe para evr un video-resumo):





BO TRABALLO!






martes, 5 de marzo de 2024

DE CELEBRACIÓN!

 A semana pasada a nosa compi Ana trouxo bombóns para celebrar que estaba de aniversario. Iso si que é empezar ben unha sesión!!!!


GRAZÁS E PARABÉNS, ANA!!!

Por outra banda, aínda que estamos con libro de August, non deixamos pasar a oportunidade de comentar a nova que saiu hai uns días sobre un adolescente morto por consumo de cocaína rosa, xa que tiña relación co libro que limos anteriormente Campos de fresas.



martes, 27 de febrero de 2024

OBRADOIRO DE XOGO

 Hoxe vimos de pasar unha tarde moi divertida nos obradoiros de xogos co alumnado de 3º e 4º: